Diario libertario de lugo e galaxia

Concentración contra os desafiuzamentos 16F

18/02/2013
14:51
Stop Desafiuzamentos Lugo 16F

 

O sábado 16 de febreiro, a nivel do Estado Espanhol fixéronse concentracións contra os desafiuzamentos. Stop Desafiuzamentos de Lugo, convocou unha manifestación para protestar contra esta lacra do capital que son os desafiuzamentos, das mans da banca e ca complicidade do estado e dos gobernos autonómicos.
Sobre trescentas persoas, saíron as rúas a deixar claro o que pensan, entre elas estiveron dúas familias afectadas por este crime, unha delas xa sobradamente coñecida polo caso de Orbazai, no cal pretenderon arrebatarlle a casa a unha parella de anciáns. A súa filla fixo unha intervención moi  emotiva, ademais de outro home que pediu un minuto de silencio por aquelas persoas, que escolleron o camiño do suicidio.
A concentración acabou despois de dar unha volta a praza maior onde intentouse despertar a conciencia dos que comodamente observaban tomando un café mentres deixaban escapar a súa dignidade, aos burgueses non lles preocupa se os demáis perdan a casa, eles son outra clase.
Ademais do manifesto tamén se recordou que non se deben comprar as casas marcadas polos desafiuzamentos «porque detrás hai unha vida»
Sección: