Diario libertario de lugo e galaxia

Comunicados en resposta as accions represivas do 28/10

30/10/2015
12:02
Comunicado da Federació Anarquista de Catalunya ante a nova operación «antiterrorista»

Hoxe, unha vez máis, algúns compañeiros se han espertados cos gritos da policia que, ás cinco da mañá, irromperon nas súas casas. Desgraciadamente, non é unha situación nova, senón que xa comezou a ser unha operación sistemática nos dous últimos anos. Hoxe a represión golpeou en Manresa e en diferentes barrios de Barcelona: Sants, Sant Andreu, Clot, Verneda ou Gràcia.

Han voltos os registros policiais onde han incautado material gráfico e dispositivos electrónicos como: carteis, octavillas, esprais, libros, libretas, ordenadores, bandeiras ou lápices de memoria, etc... Outra vez máis un espazo social foi atacado, neste caso o Ateneu Libertario de Sants, e outra vez máis, desgraciadamente, houbo detencións. Nove persoas foron detidas, entre elas un compañeiro noso.

Esta operación é unha parte máis do engranaxe represivo que ataca sistemáticamente a disidencia organizada. Un ataque máis a aquelas que non agachan a cabeza. Un ataque máis ás persoas que fan fronte ao capitalismo patriarcal que nos condena á miseria. Unha ataque que non nos fará retroceder, todo o contrario, continuaremos loitando porque a rebeldía e a rabia non se poden controlar.

Somos conscientes que o aparello represivo do estado continuará atentando contra os anarquistas, contra todas aquelas persoas que non obedecen os seus dictados, contra todas as que fan fronte á injustícia, tambíen somos conscientes que nunca podran parar a nosa loita nin impedir que a solidariedade e o apoio mutuo esténdanse porque nun mundo inxusto, ser xusto é delito.

Solidariedade é loita.

Federació Anarquista de Catalunya, 30 de outubro de 2015

 
Comunicado en resposta ao rexistro do 28/10 - Ateneo Libertario de Sants
Esta mañá ás 7:00h os Mossos, ordenados pola Audiencia Nacional, volveron a atacar o movemento libertario rexistrando o Ateneo Libertario de Sants e diferentes casas particulares en toda Barcelona e tamén en Manresa.

De novo os mossos d`esquadra invadiron o barrio, impedindo o vecindario camiñar tranquilamente polas rúas. Desde boa mañá dez furgones da Brigada Móbil ocuparon a rúa Maria Vitoria para efectuar un rexistro no Ateneo Libertario de Sants; un compañeiro foi detido e os mossos rexistraron a súa casa e cargaron contra as persoas que se solidarizaban co compañeiro.

Cara ás doce os mossos abandonaban o barrio deixando atrás un ateneo esnaquizado. romperon a porta da entrada, os libros tirados polo chan, as estantería da biblioteca rotas, o arquivo históricos de xornais e revistas tamén polo chan, paredes rotas... En definitiva todo patas para arriba. Ademais, han requisando material tan perigoso como libros, sprays e bandeiras.

Acúsannos de terrorismo. Si terrorismo significa ser un espazo aberto a todo o barrio, onde semanalmente organizamos actividades e talleres como de lingua de signos ou xogos de rol e mesa, somos terrorismo. Si terrorismo é ofrecer un espazo para que dirferentes colectivos podámosnos organizar, somos terrorismo. Si terrorismo é apoiar aos que sofren problemas de vivenda, somos terrorismo. Si terrorismo é ofrecer unha biblioteca e facer cine-forums, somos terrorismo. E si terrorismo é crear espazos feministas que pretenden a liberación do dominio partiarcal, efectivamente, tamén somos terrorismo.

Con iso, facemos un chamamento á solidariedade e ao apoio, porque ....

... Levamos un mundo nos nosos corazóns

Sección: