Diario libertario de lugo e galaxia

Comunicado do guitarrista de SKANDALO GZ detido o 22m

28/03/2014
23:21

Bueno xentiña!! me imaxino que xa estades enterados de que son un dos 24 detidos na manifestacion do 22m, das marchas pola dignidade. aqui vos deixo a miña historia pra que todo o mundo se entere das vexacions sufridas polos supostos axentes da autoridade (por eses cans do estado)
fun a madrid a manifestarme pacificamente xunto con un millon e medio mais de ciudadanos, a protestar porque son autonomo, e non me deixan respirar. comezaron sobre as 8.30h unhas cargas policias brutais mentres todavia se estaba lendo o manifesto da convocatoria nun ambiente completamente pacifico, nos eu e maria fernandez (tamen galega detida)xunto con mais amios comezamos a correr e decidimos automaticamente sair de ahi e irnos tomar unha cervexa xa que o ambiente xa non era de concentracion pacifica, andando xa fora da manifestacion un grupo de policias secretas e antidisturbios nos tiraron o chan e automaticamente nos detiveron, nos tiveron 30 min coa cara contra o furgon e nin me deixaban ver pra a miña compañeira e poder relaxarnos un minimo. acto seguido nos levaron a carcel de moratalaz donde non sei que palabra definiria mellor o trato recibido. nos tiveron 9h de pe, cos brazos erguidos contra unha parede metres recibiamos gritos e insultos. mais tarde nos levaron aos calabozos donde nos encendian e apagaban as luces aleatoriamente pra que perdesemos a nocion do tempo, non nos deron un misero vaso de auga en 35h, non nos deixaban ir mexar nada mais que cada 12-13h, nos encendian o aire acondicionado pra que pasasemos frio i en todo momento nos insultaban e despreciaban coma se fosemos ratas. pero entre os detidos fixemos unha piña tan grande que en ningun momento conseguiron que os nosos animos caisen e seguimos loitando pola nosa liberdade. xa na mañan do luns nos puxeron a diposicion xudicial, donde por fin saimos todos e todas en liberdade con cargos a espera do xuizo, todos menos miguel, un rapaz de 21 anos, que se quedou en prision preventiva, ANIMO MIGUEL!!
foron 45h nas que o estado español nos demostrou que isto non e unha democracia, nada mais que sigue sendo unha dictadura. o sair en liberdade, quero denunciar a manipulacion dos medios de comunicacion que nos tachaban de radicais e incluso no dician que pertenciamos a resistencia galega!! un autonomo e dous estudiantes que fumos pacificamente...pero todo teu unha parte positiva, quero darvos as GRACIAS a todos e a todas que nos apoiastes e destes animos neste inferno que vivimos. mentres estabamos nos xuzgados de praza castilla o avogado nos dicia que habia moita xente que levaba todo o dia esperando na porta a que saiamos apoiandonos, unhas catrocentas `persoas de diferentes puntos da xeografia peninsular, e cando saimos vin coma todo o mundo nos aplaudia e apoiaba, a min me deron un abrazo comun de unhas 100 persoas no que non paraba de chorar pola emocion de estar libre e respaldado. xente do 22m nos ofreceu todo o seu apoio loxistico e incluso colectivos galegos foron a darnos cobertura economica pra poder durmir esa noite e voltar a galicia o dia seguinte, gracias a todos e a todas por respaldarnos tanto. tamen estou enterado que o dia 23 houbo diversas manifestacions en vigo, coruña e ourense apoiandonos GRACIAS!! en madrid tamen e parece ser que volveron pegarlles os cans do estado. gracias!! e por ultimo dar as gracias a MARIA FERNANDEZ a compañeira que viña comigo cando nos detiveron, porque estando xuntos conseguimos que todo fose moito mais ameno. animo xentiña QUE SI SE PODE!!

 

Fonte

Sección: