Diario libertario de lugo e galaxia

Comunicado de José Antunez Becerra, en folga de fame indefinida dende o 14 xaneiro.

22/01/2014
00:47
Despois de ser condenado a 19 anos de prisión polos feitos acontecidos o 30 de abril do 2004, o motín de Quatre Camins; quere dicir á sociedade, que eu fixen ao longo da miña vida moitas cousas, pero xamais roubei a un traballador, todo o que fixen pagueino de sobra, agora estou a pagar unha inxustiza, porque en tempos da transición e dentro da prisión formei parte dunha organización chamada COPEL (Cordinadora de presos en Loita) destacarei que a base para condenarme a sido o meu historial, á parte diso tamén as presións políticas instrumentadas cos sindicatos e os medios de comunicación, debo dicir que recorrín ao Tribunal Supremo, ao Constitucional e ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, e todos eles se basearon no meu historial para non me asistir os recursos.
 
Agora teño que asistir á marxinación da institución penitenciaria, co rancor, non son tratado como calquera outro preso, son discriminado, non soamente me condenou un tribunal, senón, tamén a institución penitenciaria, non teño os mesmos dereitos que os meus compañeiros, calquera cousa que pase aquí dentro eu son o culpable, pois con este panorama a institución penitenciaria me condenou á morte en prisión porque estou vetado á aplicación do art.25 da constitución.
 
É por iso, e despois de meditalo moito, teño decido poñerme en folga de fame indefinidamente, porque antes de que me maten lentamente a administración penitenciaria, loitarei pola inxustiza que cometeron o tribunal que me sentenciou, como a administración penitenciaria, con iso apostei por morrer loitando para que saiban tamén que a teórica non existe, cando o que buscaron un escarmento, e a base foi eu, esa é a xustiza, que lle importa pouco destruír para sempre ao ser humano.
 
Cando hai moita xente boa que o perdeu todo, o seu traballo, a súa vivenda ata a dignidade do ser humano, por xentes malvadas e sen escrúpulos, e eles que fan tanto dano quedan impune e os pobres desgraciados como eu pagan as consecuencias dunha xustiza manipulada.
 
A miña solidariedade con todos que son obxecto das inxustizas, por último a miña solidariedade co movemento Libertario eles son a base da loita do inxusto, desexo que todos os que lean este manifesto sexan felices, porque a vosa felicidade será a miña forza.
 
José Antúnez Becerra
 
Sección: