Diario libertario de lugo e galaxia

[Compostela] A especulación urbanística ameaza ao río Sarela e mailo Centro Social Ocupado "Casa do Vento"

15/11/2012
22:43
[Compostela] A especulación urbanística ameaza ao río Sarela e mailo Centro Social Ocupado "Casa do Vento"

A asamblea que xestiona o Centro Social Ocupado "Casa do Vento" fainos chegar este comunicado no que nos informan da delicada situación na que se atopa este espazo, no que se veñen realizando diversas actividades de tipo cultural e social en Santiago de Compostela. Ésta ameaza ven da mao de Otero Pombo e os seus secuaces, coñecido promotor da zona, de dudasa ética e peor fama. Facemos eco do seu comunicado:

¡Perigo! ¡A especulación ataca de novo!

O plan urbanístico de destrucción do río sarela e o seu entorno trae as excavadoras á horta da casa do vento

O mércores 7 de novembro, mentres sachábamos, atopámonos coa ameaza das excavadoras que, sen previo aviso, pretendían destruir os terreos do Centro Social Okupado para convertilos nunha estrada que habilite a posterior construcción de vivendas de luxo na zona da toxeira de San Lourenzo. Isto só é un pequeno primeiro paso dentro dun plan que pretende destruir e elitizar un dos poucos reductos naturáis e ruráis que quedan en Compostela. Detrás deste proxecto atópanse coñecidos especuladores como a contructora Otero Pombo e a promotora Verde Urbán.

Ante esta situación estaremos de xeito permanente no espazo. Achégate, infórmate e apoia

Canto máis grande se fai a cidade máis pequenas se fan as persoas.

Non permitiremos que o asfalto siga avanzando

Sección: