Diario libertario de lugo e galaxia

[Compostela] Desaloxada a Sala Yago. Concentración Hoxe as 20:00' na Porta do Camiño

17/02/2014
19:45

Postas en contacto con unha das persoas que estaba facendo pernocta na Sala, contounos de que a policía chegou sobre as 9 da mañán, e sen saber aínda ben como foi que entraran, identificaran a todas as persoas que estaban dentro (unha delas foi levada atá comisaría para elo ao non levar a súa identificación enriba). Contan que as forzas policias (entre 25 e 30 segundo os falsimedios) non ensinaran en nengún momento a orden de desaloxo, e as preguntas das okupas ao respeito limitabanse a decir que si tiñan, pero, repetimos, non a ensinaran en ningún momento. Dicer que permitiron recoller os enseres antes de proceder á retirada das faixas que colgaban das ventás e ao seu feche por un cerralleiro.

Parece ser que ata o momento do desaloxo, a rúa do Villar permanecera cortada ao paso de pions. A veciñanza só podía camiñar baixo os soportais de ambas beiras da rúa. Se ben no momento do desaloxo, un grupo de solidarias proferían berros de protesta contra a alcaldía e a favor da rehabilitación deste espazo para programación de actos culturais.

Agora mesmo hai xente concentrada diante da Sala e para as 20:00' hai convocada unha Concentración de repulsa polo desaloxo na Porta do Camiño. Convocatoria acordada previamente en Asamblea para o día do desaloxo. Alá nos veremos.

Fonte: Abordaxe

Sección: