Diario libertario de lugo e galaxia

Compañeira Marisol morta en Aveiro, Portugal

16/08/2014
17:45

Difundimos a seguinte nova de Abordaxe:

O compa de "Rebelión de las Palabras" notifícanos este suceso por correo dando por enlace este de IndyBarna asinado por "sergio e marta", amigxs de Marisol que viven en Barcelona. Colamos (e traducimos), se ben decir, como escrebe "sergio" nun comentario da súa noticía no Indy, que a investigación foi dada por concluida e din que o día anterior mercara alcol nunha farmacia, foise ao descampado e prendeuse lume; ao que engade: coñecéndoa un pouco, costa muito crer que fose un suicidio.

O pasado venres ou sábado apareceu morta en circunstancias aínda non esclarecidas Marisol, unha compañeira libertaria, en Aveiro (Portugal). Era unha rapaza galega de Ameixida, Castañeiras, A Coruña. Parece ser que se encontrou morta nua con importantes queimaduras, mesmo na cabeza, nunhas matogueiras preto dunhas pistas de tenis en Aveiro. Tamén se encontrou queimada a súa documentación. A súa mochila e o seu can, Birlo, parece ser que non estaban na zona onde se encontrou o corpo, senón na estación de tren. A policía española manifestou á familia que non ía investigar nada acerca da morte [non sabemos se podería ter que ver algo a recente anulación da xustiza universal decretada polo goberno Rajoy para salvar os criminais e capitalistas chineses]. A policía de Aveiro, parece ser, deixou o caso en mans da Policía Xudicial, sen apenas facer nada. E os resultados da autopsia, hoxe mércores 13, aínda non foron comunicados á familia.

A familia está moi doída e non quere saber nada, nin pedir xustiza nin se encontra nestes momentos como para esixir unha investigación en condicións. Hoxe mércores incinerouse a Marisol en Portugal. Dúas amigas da súa vila en Galiza coas que puidemos falar e das que conseguimos a maioría de informacións, tampouco saben que facer nestes duros momentos. Tamén falamos co seu excompañeiro Elois, que nos manifestou que tanto familia coma amigos da vila prefiren soportar a dor en silencio, sen denunciar nada.

Parécenos denigrante e nauseabundo como a prensa burguesa tratou o tema, apuntando a hipótese do suicidio, ou que non hai indicios de crimen [como aparece en ABC], cando a nosa compañeira apereció espida e queimada, xunto á súa documentación tamén queimada. Esiximos un verdadeira investigación para esclarecer realmente o acontecido, para encontrar aos auténticos culpables e que reciban o que se merece, simplemete queremos xustiza e non ocultar a súa morte como parece que se quere facer dende diversos ámbitos.

Nós somos dous amigos de Marisol que vivimos en Barcelona, á cal había case dous anos non viamos. Estivemos con ela nunha viaxe por Francia, Bélxica e Holanda en 2012. Era unha chicha encantadora, traballadora, rebelde e moi forte. Sabemos que ela estivera a vivir estes anos en Francia, traballara de temporal no campo, e actualmente cobrara o paro francés por segunda vez. O 28 de xullo de 2014 dicíanos o seguinte por email:

"o birlo e eu de puta nai xa fai algun tempo que andamos de mochileiros e bastante ben. agora estamos en portugal e cobrando por segunda vez o paro frances. bo martucha espero que esteis moi felices, UN BESAZO".

Exceptuando ao seu excompañeiro Elois, non coñecemos ningún outro amigo seu, e aínda que non sabemos moi ben que poderiamos facer, escribimos esta mensaxe para que a xente que a coñecía, xa sexa en Galiza, en Oiartzun (Gipuzkoa) onde sabemos tamén pasou algunha tempada, no departamento de Landes e en xeral no sur de Francia onde estivo a traballar bastante tempo, ou onde a conocieráis, ou quen sexa que estea interesado, difunda a triste noticia e achegue algunha idea para organizarnos e esixir dalgunha forma unha investigación en condicións, premer dalgunha forma ás institucións de ambos os dous estados para que cumpran coa súa función, realizar campañas de cara á opinión pública e os medios de comunicación para que se coñeza a verdade, ou reunir diñeiro para contratar avogados ou iniciar unha posible investigación privada.

Sergio e Marta. Badalona 13 de agosto de 2014.

contacto: libergramenet (at) hotmail.com, martuchapaz (at) gmail.com

Enlaces á noticia publicada pola prensa buguesa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/13/encuentran-quemada-mujer-ribeira-junto-pistas-tenis-aveiro/0003_201408G13P11992.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20140813/abci-muerta-ribeira-aveiro-201408131617.html

http://www.cmjornal.xl.pt/detalhe/noticias/nacional/portugal/morte-macabra-ainda-por-explicar

O seu facebook: https://www.facebook.com/mari.kuantika?ref=br_rs

Sección: