Diario libertario de lugo e galaxia

A CNT inicia conflito co Hotel Balneario de Compostela.

11/03/2015
10:23

A CNT ven de interpoñer unha demanda contra o Hotel Balneario Compostela, situado na veciña localidade de Brión.

Os empresarios deste hotel teñen a unha compañeira traballando en fraude de lei, primeiro como S.L. e agora como autónoma, cando a realidade é que os traballadores de piscina de dito balneario son a todas luces traballadores por conta allea.

Por poñer uns exemplos, os horarios decídeos o hotel, as ordes recíbense directamente de un coordinador do hotel, as instalacións e material que se usan son as do hotel, os beneficios do traballo destes traballadores "autónomos" son para o hotel, etc.

Por se todo isto fose pouco, a 30 de xaneiro a empresa decide reducir os salarios un 20 % de xeito unilateral.

Desde a CNT imos tomar todas as medidas necesarias para que se cumplan os dereitos da nosa compañeira, se lle recoñeza a súa condición de traballadora por conta allea e se lle manteña o salario anterior ao 30 de xuño de 2015.

Hotel Balneario de Compostela, coa CNT non se xoga!!

Fonte: http://cntgaliza.org/?q=node/1833

Sección: