Diario libertario de lugo e galaxia

CNT de Compostela adire á denuncia contra a brutalidade represiva do Estado

18/09/2013
14:29

Xunto con outras 25 organizacións de carácter sindical e político e de diferentes ideoloxías, a CNT de Compostela adería o pasado venres ao Manifesto contra a Brutalidade Represiva do Estado, após a publicación da sentenza condenatoria a un total de 56 anos de cárcere a catro persoas galegas, primeira sentenza que asume a existenza dunha organización terrorista na Galiza e que condena a estas persoas polo simple facto de "pertenza a organización terrorista", anque na mesma sentenza se afirme que a pertenza a unha organización terrorista próbase polo simple coñecemento da mesma, e se afrime que unha organización terrorista non é unha banda armada, senón apenas un grupo estruturado ou informal que teña como finalidade subverter a orde constitucional. É evidente que, ante esta calificación, calquera persoa ou grupo que teña, por exemplo, a finalidade de rematar co sistema capitalista, imposto na Constitución Española mediante o dereito á propiedade privada, é unha persoa sospeitosa de terrorismo. Desde a CNT de Compostela temos claro que esta recente sentenza non ten outra finalidade que a persecución e a criminalización de todos cantos grupos e persoas se botan diariamente á rúa en protesta contra un sistema que día a día nos escraviza e nos empobrece. Temos claro que, a pesar da debilidade das probas, da escasa gravidade dos feitos polos que foron encausados, o tribunal de excepción que é a Audiencia Nacional procuraba a toda costa unha sentenza condenatoria por terrorismo, desde a que os póderes públicos e os corpos de represión poidan aplicar a teoría do entorno e criminalizar indiscriminadamente a un pobo que se levanta en loita contra o capitalismo.

Entendemos que a gravidade dos factos envolve ao conxunto do pobo galego consciente da actual situación socioéconómica que padecemos, cun retraemento inédito de dereiros sociais, así como de asistencias básicas e un empeoramento das nosas condicións de vida a niveis tamén inéditos. Polo mesmo, consideramos que a solidariedade coas persoas condenadas e a denuncia desta estratexia de criminalización envolve ao conxunto da clase obreira galega e ao conxunto das organizacións que, para alén das diferencias ideolóxicas e tácticas, se sitúen sen condicións pola defensa da liberdade.

 

fuente

Sección: