Diario libertario de lugo e galaxia

CNT convoca unha semana de loita estatal contra os despedimentos en Mercadona

11/02/2014
23:32
A Central Sindical convoca unha xornada de loita estatal contra os despedimentos de Mercadona, que se articulará dende diferentes cidades do Estado español durante a semana do 17 ao 23 de febreiro.
 
La Confederación Nacional do Traballo leva desenvolvendo máis de 10 anos conflitos sindicais contra Mercadona en todo o Estado. Entre as accións emprendidas, encóntrase a convocatoria dunha folga indefinida que alcanzou os 13 meses, os/ás traballadores/ás readmitidos/ás tras haber sido despedidos/ás por represión sindical, a implantación de Seccións Sindicais e unha loita sindical continuada para que esta empresa -premiada pola súa suposta excelencia empresarial- respecte os dereitos do equipo.
 
Na actualidade, CNT segue mantendo conflitos en diferentes cidades, destacando o despedimento disciplinario sen indemnización de máis dunha decena de afiliados/ás das tendas de Xàtiva e Alzira, na provincia de Valencia, que levaban traballando para Mercadona entre 20 e 30 anos.
 
CNT segue sendo un referente para os traballadores e traballadoras de Mercadona, xa que o resto de sindicatos con presenza no Comité de Empresa segue gardando silencio mentres se sucede o aumento de despedimentos disciplinarios "fabricados", a represión sindical e as presións aos/ás traballadores/ás que están de baixa, ademais dos casos de acoso que dispararon as baixas por depresión. Ante isto, o resto de sindicatos confórmase coa negociación dunha mínima suba salarial, novas contratacións para suplantar aos/ás despedidos/ás con maior antigüidade e privilexios para os seus respectivos/ás Delegados/ás Sindicais.
 
As accións que terán lugar contra Mercadona durante a semana do 17 ao 23 de febreiro, non son as primeiras a emprender, pois con anterioridade a esta semana de loita estatal, o conxunto da Confederación xa realizou varios actos solidarios de protesta en Gijón, Vigo, Málaga, Madrid, Aranjuez, Salamanca, Santa Cruz de Tenerife, Xerez da Fronteira, Zaragoza, Fraga, Cornellà e Almería, ademais de en diferentes cidades da provincia de Valencia -incluída a Presidencia de Mercadona, en Tavernes Blanques.
 
O Sindicato advirte que non tolerará nin un despedimento máis na empresa -máxime cando segue obtendo beneficios millonarios-. As concentracións e actos informativos terán lugar ata que Mercadona acepte as reivindicacións dos/ás traballadores/ás de CNT despedidos/ás e páguelles a cantidade correspondente aos despedimentos, cambiando a súa política empresarial de represión sindical e acoso. A Confederación Nacional do Traballo realiza, así mesmo, unha campaña de boicot contra os supermercados Mercadona, emprazando a clientela a que se solidarice e colabore deixando de comprar nas súas tendas.
 
CNT fai un chamamento aos traballadores/ás de Mercadona para que acudan ao seu Sindicato máis próximo, realicen as consultas que consideren oportunas e se organicen contra o despedimento. Tamén poden acceder ao foro de mercacoso para obter máis información.
 
CNT-Valencia
CNT- Vall d'Albaida
Confederación Nacional do Traballo
Sección: