Diario libertario de lugo e galaxia

A CIG E A CUT COLABORAN NA ORGANIZACIÓN DA VIII MARCHA ÁS CADEAS

09/01/2014
16:06

A organización da VIII Marcha ás cadeas segue a bo ritmo e ultimando detalles. Nos últimos días diferentes entidades e colectivos estanse a sumar á difusión e organización da viaxe. Que voltem para casa! agradece especialmente a colaboración das dúas centrais sindicais nacionalistas, a CIG e a CUT. Todas as persoas que desexen anotarse para a VIII Marcha as cadeas poden facelo en todos os locais da CUT e no local nacional da CIG en Vigo (Rúa Gregorio Espiño).

Desde Que voltem para casa! facemos un chamamento a participar e/ou colaborar coa edición da Marcha deste ano. A día de hoxe o ritmo de persoas anotadas é bo para o caso da expedición do sur, a que partirá de Pontevedra e Vigo, pero deficiente na do norte, a que parte de Compostela-Coruña-Ferrol-Lugo.

Aquelas persoas que non podan participar directamente na viaxe, poden colaborar economicamente mercando os bonos solidarios de 10 euros ou achegándose á Festa da Liberdade que se vai celebrar este sábado 11 de xaneiro en Vigo.

 

Fonte

Sección: 
Etiquetas: