Diario libertario de lugo e galaxia

CHOMSKY: "EN EUROPA VAN CARA ÁS DITADURAS"

26/01/2014
17:40
As democracias europeas chegaron o colapso total, independentemente da cor política dos seus gobernos, porque as decisións son tomadas por líderes e burócratas de Bruxelas, non elixidos, asegurou o filósofo Noam Chomsky.
 
Ao participar no Festival de Ciencia, no Auditorio de Roma, Chomsky advertiu de que o proceso de destrución das democracias, no vello continente, vaise cara as ditaduras.
 
En particular, opinou que a democracia en Italia desapareceu cando en novembro de 2011 chegou ó goberno o ex comisario europeo, Mario Monti, nomeado "por burócratas de Bruxelas" e non polos electores daquela nación.
 
Pero recalcou que este fenómeno é universal e que a sociedade actual vai camiño da plutocracia.
 
"Mesmo o Wall Street Journal describiu que a democracia en Estados Unidos está ao bordo do colapso, pois todo goberno, sexa dereita ou esquerda, segue a mesma política, decidida por grupos de banqueiros e burócratas", dixo sen reviravoltas o intelectual.
 
Segundo Chomsky, tanto en Estados Unidos coma en Europa, a axenda política é ditada polos intereses particulares dos grandes grupos financeiros e bancarios, cuxo principal obxectivo é a destrución de sistemas de seguridade social, unha das principais conquistas, no continente europeo, tras a conclusión da fase de posguerra.
 
El dixo que o concepto foi ben resumido polo presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, quen recoñeceu publicamente nunha entrevista recente que "o contrato social está morto."
 
"Isto significa que a política só serve para facer moito máis ricos ós banqueiros", precisou o lingüista estadounidense tamén.
 
Advertiu que incluso Internet e os novos medios, espazos e linguaxes innovadores que para moitos poderían axudar a romper o círculo vicioso do poder, implican riscos.
 
"Paréceme que a miúdo os novos medios levan a unha visión máis estreita do mundo, porque as persoas son atraídas por medios que expresan exactamente a súa mesma concepción das cousas", dixo.
 
A este respecto, dixo que mentres se podan atopar diferentes opinións, nun blog en internet hai só unha, a do autor.
 
"Depende moito de como os medios de comunicación son usados. Poden ser unha boa para ampliar os nosos horizontes, pero tamén un mal", resumiu.
 
O lingüista tamén se referiu ao neoliberalismo como "un gran ataque contra a poboación do mundo, o maior ataque dos últimos 40 anos."
 
Sección: