Diario libertario de lugo e galaxia

CHARLA SOBRE A MEGAMINEIRIA

02/12/2013
15:23

O pasado 30 de novembro, Margarida Prieto representante do Sindicato Labrego Galego, deunos unha charla sobor da Megaminería no Ateneo Liberdario a Engranaxe. Nela falounos da problemática que dende fai uns anos asola a terra galega, en concreto na loita que se librou e se sigue a librar na Terra Chá e coa mina de Corcoesto. Son dúas zonas coñecidas nas que as multinacionais queren reventar a terra, mais é toda Galiza a que periga por mor destas organizacións que prometen traballo a cambio do equilibrio ambiental, cambiando o xeito de vida de moitas persoas. A charla resultou moi amena, xa que Margarida falou dun xeito moi cercano. Non houbo moito debate, pois deunos moita información e datos craros. O que sí ficamos foi un pouco abraiados de que estas multinacionais estén a facer tantos proxectos para a destrucción do noso xeito de vida, sen que ninguén esté actuando para impedilo, excepto as organizacións que partiron dos afectados directamente.

Sección: