Diario libertario de lugo e galaxia

Chamamento solidario da Federación Anarquista de Gran Canaria para evitar un desafiuzamento

22/02/2015
17:08

Chamamento solidario da Federación Anarquista de  Gran Canaria para axudar economicamente a unha familia que está a piques de ser desafiuzada:

O BBVA quere desafiuzar a Rosa, Carmelo e os seus tres fillos menores. Para poder presentar alegacións no xuízo necesitan 2.000 euros en concepto de caución (fianza). Ingresa o que poidas neste número de conta de Triodos Bank:

ES92 1491 0001 2121 3559 3420

Número verificado ao 100%. Xa levamos 445 euros ingresados. Case unha cuarta parte do que necesitamos. Se che fai falla calquera información complementaria estamos á túa disposición en anarquistasgc@gmail.com

Recorda: o noso obxectivo son os 2.000 euros se queremos que Rosa e Carmelo poidan plantar batalla legal. Hai que esgotar esta vía antes de lanzarnos ao piquete. 

Non permitiremos que perdan sen loitar a casa que levan ocupando desde fai xa 2 anos; que perdan sen loitar o teito dos seus fillos. 

Sección: