Diario libertario de lugo e galaxia

CASI 90000 FIRMAS CONTRA AS FUMIGACIÓNS

24/05/2012
20:23

A Plataforma contra as fumigacións fixo entrega o pasado luns 21 de maio, no Rexistro da Xunta de Galiza (Santiago de Compostela), de 86.426 sinaturas contra as fumigacións con flufenoxurón. Ademais entregouse unha cesta cun bote de mel e outros produtos agrícolas que corren perigo de seguires adiante con estas fumigacións por causa da mortaldade que este pesticida produce nas abellas.
O flufenoxurón e un pesticida xa prohibido na Unión Europea polo REGLAMENTO DE EJECUCIÓN (UE) N o 942/2011 DE LA COMISIÓN do 22 de setembro de 2011 polo que se establece a non aprobación da sustancia activa flufenoxurón, de conformidade co Regulamento (CE) N o 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello. Esta sustancia foi prohibida polo seu elevado potencial de bioacumulación na cadea alimentaria, ademais de ser moi perigosa e fatal para os insectos, entre eles as abellas, que corren graves riscos con estas fumigacións. Os danos ademais afectarían ós nosos rios e mais a os animais que tamén se verían perxudicados.
Un portavoz da plataforma, fixo unhas declaracións para os medios burgueses onde entre outras cousas dixo que "para todos nos isto e un despropósito total por tanto de ASPAPEL que e a Asociación de fabricantes de papel, que e a que promove a súa utilización para o cal están recollendo firmas entre os propietarios dos montes e finalmente será a Consellería de medio rural e do mar a que autorizara esta fumigación. O que nos non queremos baixo ningún concepto se pode botar no aire produto perigoso como este". Varios represantes deron unhas declaracións ós medios.
O vindeiro domino 10 de xuño en Compostela haberá unha manifestación convocada pola Plataforma. Para mais información consultar a paxina http://fumigacionsnon.org

Sección: