Diario libertario de lugo e galaxia

Cafetarías El Santiagués e Stella, líderes da explotación laboral da hostalaría de Compostela

17/01/2013
19:05

 

Coñecido por todos os veciños e veciñas da cidade é o feito de que na zona vella de Compostela, lugar turístico excelente e xacobeo, se practica a máis infame da explotacións laborais. Tamén coñecido por todos os veciños e veciñas de Compostela é que uns dos lugares onde mellor se practica esta explotación é nas cafetarías El Santiagués (na Praza da Quintana, agora fechada) e Stella (na rúa do Franco).

Entre as diversas vulneracións aos direitos d@s traballador@s que practica o empresário das cafetarias El Santiagués e Stella destacamos:

- Non recoñecemento das horas extra.

- Inexistencia de plus de nocturnidade.

- Pagamento de salarios moi inferiores ao convenio

- Non pagamento das pagas extraordinarias

- Despedimentos sen indemnizacións

Pero os donos destes dous estabelecementos practican de maneira tan profesional e eficiente a explotación laboral que, en apena o último ano, chegaron a alcanzar unha débeda con tres dos seus traballadores que ascende a 50.000 euros. A cantidade é correcta, cincuenta mil euros en concepto de indemnizacións dos traballadores despedidos do Santiagués, pagas extras, salarios impagados, horas extras, nocturnidades e festivos.

A CNT realizará todas as accións sindicais que sexan precisas até que se recoñezan os direitos dest@s  traballador@s. Facemos un chamamento para que se deixe de consumir nestes locais namentres non sexan atendidas as xustas reclamacións dest@s traballador@s.

 

Fuente

Sección: