Diario libertario de lugo e galaxia

Bulevar Vs Gamonal :crónica dun conflicto anunciado

11/01/2014
15:35
Dende o pasado mércores a rúa vitoria, unha das principais arterias de comunicación da zona de Gamonal co centro de Burgos esta pechada po lo comenzo das obras do bulevar anunciadas polo concello. Meses son xa os que veciños e veciñas do barrio mostraron o seu rexeitamento á nova obra, mentres dende a casa do concello se fixeron oídos xordos.
 
A primeiras horas da mañá do venres, veciños e veciñas do barrio de gamonal estiveron a repartir información e facendo un chamamento á concentración programada ás 5 da tarde ,la cual foi increpada pola policía, propiciando que mais veciños e veciñas saísen a sumarse á protesta.
 
O número de congregados/ás foi en aumento ao longo de toda a tarde que ao berro de "Gamonal non quere Bulevar" permaneceu concentrado a pé de obra ata aproximadamente as 22 horas, momento no cal, un coche da policía nacional irrompeu a gran velocidade sobre as persoas alí presentes desencadeando unha chuvia de obxectos e que as unidades da UPR comezasen a cargar mediante disparos con balas de goma, ao que se respondeu con numerosas barricadas para impedir o avance das cargas e unha batalla campal ata ben entrada a madrugada.
 
Durante ese tempo, veciños e veciñas que se encontraban nas súas casas observando os feitos saíron aos seus balcóns con cazolas en apoio ao barrio de Gamonal.
 
Hoxe sábado, hai convocadas novas concentracións.
 
 
 
Sección: