Diario libertario de lugo e galaxia

Breve Crónica do 1º de Maio-2015 en Ourense

09/05/2015
23:36

Como vén sendo habitual dende hai xa un par de anos o NC de CNT en Allariz convoca á manifestación do 1º de Maio xunto co Bloque Crítico de Ourense, formado por sindicatos de clase, movementos sociais, feministas e estudantís.

A manifestación caracterizouse polas súas propostas alternativas e claramente diferenciadas ás dos sindicatos xeralistas e pactistas, tanto polo percorrido coma polas súas proclamas e reivindicacións na defensa da clase traballadora e en contra da Reforma Laboral e os continuos recortes en materia social, de dereitos e liberdades. Cabe destacar o apoio recibido polas compañeiras do SOV de Compostela que se sumaron a esta convocatoria. A manifestación desenvolveuse sen incidentes e acudiron unhas 250 persoas. Ao finalizar leuse un comunicado conxunto e fixemos un xantar popular integrado por simpatizantes e militantes das organizacións convocantes.

Fuente: http://cntgaliza.org/?q=node%2F1855

Sección: 
Etiquetas: