Diario libertario de lugo e galaxia

[Barcelona] Pandora 3: prodúcense 10 registros e 9 detencións contra o movemento libertario

28/10/2015
20:46
O día despois de que xs presxs de Chile que levan máis de dous anos encerradxs sen xuízo, Mónica e Francisco, fixesen a súa declaración na Audiencia Nacional, estase producindo unha serie de rexistros de domicilios e ateneos tamén ordenados pola Audiencia e executados polo corpo de Mossos d'Esquadra. A escena é case idéntica ás anteriores operacións Pandora e Piñata (aínda esperamos o nome do actual operativo): 7 da mañá, un dispositivo policial desproporcionado corta unha rúa e irrompe nun Ateneo, neste caso trátase do Ateneu Llibertari de Sants, logo nun domicilio en Sants, outro o barrio de Gràcia, logo varios en Sant Andreu e outros dous tamén en Manresa e finalmente o Centro Social La Revoltosa do barrio do Clot e outra vivenda no mesmo barrio.

Aínda que aínda están bastantes detalles por confirmar producíronse un total de 10 registros e 9 detencións. Enseguida activouse a solidariedade, mais ainda cara ao Ateneu de Sants, xa que ao pouco de producirse o rexistro xa había numerosas persoas concentradas. Agora mesmo (9:30h) están cortando a principal arteria do barrio en solidariedade coas persoas detidas e en protesta por esta nova absurda caza de bruxas. En Sant Andreu tamén está tendo lugar a estas horas outra concentración solidaria.

En todo caso este feito prodúcese curiosamente tamén ao día seguinte da declaración solemne no Parlament catalán, que falaba de desconectarse do estado español. Xa vemos que non falaban de desconectarse da Audiencia Nacional. Os mossos están comunicando que se trata de persoas pertencentes a un "grupo criminal anarquista".

Convocatorias:

  • Gràcia: 20h. Pl. Diamant. Convocatoria unitaria de Barcelona
  • Girona. 12:30h. Davant la Generalitat
  • Madrid. 20h. Tirso de Molina
  • Manresa. 20h. Pl Sant Domènec
  • Berga. 20h. Pl Sant Pere
  • Lleida. 20h. Pl. Paeria
  • Zaragoza. 20h. Pl España
  • Xixón. 20h. Pl. Humedal
  • Igualada. 20 h. Pl. Ajuntament
  • Tarrega. 20 h. Pl. Paeira

Dia 29:

  • Corunha. 20:30h. Obelisco
  • Granada. 20h. Subdelegación de Gobierno

 

Fuente:http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/35135

Sección: