Diario libertario de lugo e galaxia

ASÍ ESCOITA O ALCALDE DE SARRIA AOS SEUS VECIÑOS

24/02/2014
13:49

Hoxe luns 24 de febreiro comezan a talar as árbores da illa do Toleiro. Aos centos de veciños que, de maneira pacífica e esperanzadora, se manifestaron o domingo no Malecón para pedir a paralización inmediata das obras de encanamento do río Sarria, o Sr. Alcalde e a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil responden arrancando as motoserras para iniciar a tala masiva das árbores. Na semana pasada o Alcalde de Sarria anunciou a posta en marcha dunha campaña informativa sobre o plan de encanamento. Nembargantes, nese mismo intre o Sr. Alcalde sabía perfectamente que a orde de comezar a tala o día 24 estaba dada e que, ainda por riba, a data límite para termina-la ten que ser, por lei, o día 28 de febreiro, data na que comeza oficialmente o período de cría das aves do río, que este ano, se non o impedimos, van quedar sin casa. AGORA XA ENTENDEMOS POR QUÉ O NOSO ALCALDE NON PENSABA COMEZAR A INFORMARNOS ATA O MES DE MARZO.

 

Fonte

Sección: