Diario libertario de lugo e galaxia

Asamblea de familiares e amigxs das persoas presxs

19/01/2013
19:47
Ningunha de nós sabemos cál é a realidade que existe dentro das prisións.
Podemos facernos unha idea gracias aos testimonios de moitxs compañeirxs
que con valentía comparten cos e coas que estamos fóra. Un dos muros máis
difíciles de derribar neste ámbito é o da comunicación. Persoas que sofren
malos tratos, familias que padecen e loitan en soidade e unha sociedade que
non escoita ou non quere facelo.



É por todo esto que querémosvos animar a que sexades as familias e xs máis
achegadxs xs que lle poñades voz ás persoas privadas de liberdade nos
talegos. A idea é traballar en grupo, pois cantos máis sexamos, máis alto
poderemos berrar. Ademais é a hora de que xs verdadeirxs protagonistas
dirixan esta loita, decidindo cómo, cándo e por qué.



Todas as persoas que mostramos interese por esta realidade sabemos cáles
son os métodos nas prisións, os dereitos que se vulneran, o día a día
detrás dos muros. Dende evidentes malos tratos físicos a privacións de todo
tipo: palizas, illamento, negación de comunicacións, corte de
correspondencia, abandono educativo e sanitario, faltas continúas de
respeto, abuso de autoridade, violacións, insultos, falta de transporte
para as familias, dispersión... Tamén somos conscientes de que a xustiza
por vía legal non se fai eco deste problema, dando a razón sempre as
institucións; e de que a maioría de nós carece de medios económicos
precisos. Entón, ¿qué se pode facer?



Nós propoñemos dinamizar e concienciar a sociedade partindo dende os
núcleos máis pequenos, como somos as familias e achegadxs, ata cotas máis
altas coma son os barrios, cidades, provincias... É dicir, organizar grupos
locais, que se preocupen ou encarguen dos distintos talegos que nos rodean,
denunciando de maneira pública todo o que sucede dentro de estes antros.
Creemos que a unión de persoas que padecemos realidades similares, a
maiores de darnos forza, faranos sentir máis arropadxs, e será máis sinxelo
facernos escoitar.



Nós non sentimos vergoña dos nosos familiares e amigos encerrados,
avergonzámonos dun sistema inxusto que encerra as persoas pobres e amnistía
os ricos, un sistema que non trata axudar senón castigar e silenciar unha
inxusta situación social.



Por que estamos cabreadxs e non permitiremos nin un carceleiro armado máis,
ningún médico cómplice, nin ningún xuíz facendo o cego.

podes escribirnos a: afapp.gz@gmail.com

ou Rua Romil Nº3, Baixo. CP 36302. Vigo, Pontevedra

ou chamarnos a  603813593-603737640

 

Sección: