Diario libertario de lugo e galaxia

Anti Represión denuncia abusos a Noelia Cotelo no cárcere e pide a súa liberdade

19/12/2014
15:44
A Coordinadora Anti Represión da Rexión de Murcia sumouse ás mobilizacións en solidariedade con Noelia Cotelo. E fíxoo cunha concentración o pasado luns na praza de Santo Domingo de Murcia, na que se despregaron dúas pancartas coas seguintes lendas: "Noelia liberdade" e "Se tocan a unha nos tocan a tod@s".
 
Noelia Cotelo foi condenada a unha pena de 2 anos e 4 meses polo roubo dun coche. Leva xa preto de 8 anos cumpridos. Os seus avogados esperan a súa saída de prisión para o ano 2018. "Dende o seu ingreso en prisión viuse sometida pola súa actitude reivindicativa a constantes abusos, vexacións, represalias e mesmo a un intento de violación", indica a Plataforma.
 
O colectivo Anti Represión afirma que a concentración serviu para "demostrarlle o Estado que Noelia non está soa aínda que siga inxustamente no cárcere, e que seguiremos esixindo e loitando por
o fin das torturas e os malos tratos dentro dos cárceres, o levantamento da suspensión das incomunicacións, o achegamento das persoas presas a establecementos próximos ao seu ámbito familiar,".
 
A Plataforma tamén pide, ademais da liberdade inmediata de Noelia Cotelo, que se investiguen os casos de abusos, torturas e intentos de violación a esta muller e que os funcionarios de prisións non sexan homes nos módulos de mulleres.
 
Nas II Xornadas Anti Represión celebradas hai unhas semanas en Murcia, Lola Riveiro -nai de Noelia- e Amadeu Casellas -ex preso FIES- charlaron sobre a situación nos cárceres españois.
 
"Por defender a súa dignidade, Noelia Cotelo sufriu a política de dispersión, incomunicación e illamento en réxime FIES. En vinganza por non se someter a pesar das malleiras, os atropelos constantes e as represalias polas súas denuncias contra funcionarios e axentes involucrados na maquinaria carceraria, as autoridades forzárona a unha ampla peregrinación polos cárceres españois. Despois dunha malleira recente no cárcere de Albolote (Granada) foi trasladada recentemente ao cárcere de Brieva (Ávila), a mesma onde sufriu unha agresión sexual por parte dun funcionario de prisións", explicou a Plataforma.
 
 
Sección: