Diario libertario de lugo e galaxia

Anarquistas De Pontevedra En Solidariedade Con Javier Guerreiro Carvajal Aos seus 85 Días De Folga De FameAnarquistas De Pontevedra En Solidariedade Con Javier Guerreiro Carvajal Aos seus 85 Días De Folga De Fame

11/03/2015
11:39

O compañeiro Javier Guerreiro Carvajal leva desde o pasado 11 de decembro de 2014 en folga de fame esixindo, ademais das demandas da propia campaña Cárcere = Tortura e da loita de lxs presxs contra os malos tratos e os abusos nos cárceres do Estado español, que se revise a súa situación para que lle sexan devoltos os permisos de saída que lle foron retidos como castigo por unha sanción claramente inxusta, e que buscaba xunto a moitas outras agresións a Javier, tratar de someterlle e impedirlle continuar denunciando o que ocorre tralos muros.

Desde xaneiro, o compañeiro permanece hospitalizado na Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra, tras un agravio serio do seu saúde ligado a dúas breves folgas de sede -de catro días a primeira e de dous días a segunda- que sumou á súa folga de fame. Alí, Javier rexeitou os soros e a comida, e malia as ameazas diversas que recibiu (atarlle á cama, poñerlle soro contra a súa vontade e outras) continúa a súa loita. O persoal do hospital actúa como cómplice desta tortura, e seguindo as ordes da administración penitenciaria da Lama (prisión pontevedresa onde se atopaba internado no momento de iniciar a súa folga de fame) seguen sen deixarlle recibir visitas ou chamadas telefónicas dos seus familiares e amigxs, limitándolle as visitas de lxs abogadxs e negándolle o acceso ao seu expediente médico e a información achega do seu estado de saúde. Todas estas medidas teñen como obxectivo intentar disuadirle de continuar a súa protesta.

Javier tivo que ser operado xa dúas veces por fallos renales. Estivo en risco de trombosis e chegou ao extremo de ter que acceder a inxerir pequenas doses de alimentos para poder manter a consciencia (en ningún momento con intención de abandonar a folga).

Sofre constantes bajones de azucre e tensión e atópase nun grave risco de morte súbita. Somos motxs xs que contactamos con el para pedirlle que deixe a súa folga, ao contemplar como se deteriora a sua saúde mentres vemos como nin a loita de Javier nin as accións e movilizaciones que se deron en apoio na cidade de Pontevedra ou máis aló están dando resultado (concentracións, pancartas colocadas na rúa, pintadas, reparto de panfletos, pegada de carteis, difusión pola rede, comunicados aos medios de comunicación burgueses e declaracións en programas de radio como o realizado por xs compas do Boletín Tokata -a quen queremos agradecer sinceramente o seu apoio e seguimiento do caso- un ayuno solidario levado a cabo por varixs solidarixs nas rúas da cidade, escritos ao xuíz de vixilancia penitenciaria, sabotajes contra distintas entidades que se lucran co negocio carcelario...).

Aínda así, por unha carta que Javier enviou a un/unha compañeirx, sabemos que lle volveron a ameazar con sondarlle contra a súa vontade, ao que el responde que non só non deixará a súa folga de fame (a cal non pode abandonar porque o seu orgullo e moral non llo permiten, tal e como el explicou), senón que en caso de ocorrer isto, está disposto a ir ata o final e a iniciar unha folga indefinida de sede, o que sen dúbida pode custarlle a vida, e que inxecta unha maior urxencia a que as iniciativas solidarias sigan aflorando e o caso e situación de Javi saian á rúa de todos as formas posibles, pois esa e non outra é o único xeito que temos de presionar ás institucións para que Javi vexa cumpridas as súas esixencias.

Non podemos permanecer impasibles nin calladxs ante este enésimo caso de torturas e exterminio sistemático e encuberto dunha persoa presa polos lacayos cobardes dun sistema que primeiro crea a miseria e logo marxina e encerra ás súas vítimas e, especialmente, a quen ousan intentar saír dela máis aló das canles que o Estado e o Capital ofrecen para iso.

¡ESIXIMOS A REVISIÓN INMEDIATA DO CASO DE JAVIER GUERREIRO CARVAJAL E O FIN DAS CONDICIÓNS DE PRESIÓN E TORTURA Ás QUE SE ATOPA SOMETIDO NO HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA!

¡ABAIXO A SOCIEDADE CARCELARIA, TODAS AS SÚAS ILUSIÓNS E TODOS OS SEUS MUROS!

Alguns anarquistas solidarixs con Javier

 

Fonte

Sección: