Diario libertario de lugo e galaxia

Anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos

29/01/2014
18:02
A maioría das tendencias dentro dos círculos anarquistas teñen unha concepción limitada sobre o que fai exactamente a un/a anarquista, que é un proxecto anarquista e como sería a transformación a un mundo anarquista. Xa sexan verdes ou rojxs, comunistas ou individualistas, activistas ou críticxs, lxs anarquistas pasan tanto tempo defendendo as súas posicións especulativas nestes complicados asuntos, como o que pasan aprendendo o que otrxs teñen que ofrecer -sobre todo, otrxs anarquistas.
 
Ao final, muchxs danse conta de que preferirían facer os seus proxectos, políticos e sociais, fóra dos círculos anarquistas. Xa sexa porque pensan que o seu proxecto particular non é interesante para otrxs anarquistas aínda que, cren que é importante (como na maioría dos casos de activismo progresista) ou porque non gozan especialmente da compañía de otrxs anarquistas e o tipo de tensión que supón traballar con anarquistas. Ambas as dúas razóns son case totalmente responsables da profunda desconfianza que lxs anarquistas senten por outros programas anarquistas.
 
Houbo unha vez un chamado anarquista por un "anarquismo sen adxectivos" referíndose a unha doutrina que tolerase a coexistencia de diferentes escolas de pensamento anarquista. En lugar de cualificar o anarquismo como colectivista, comunista ou individualista, o anarquismo sen adxectivos rexeitaba a preconcepción de solucións económicas para os tempos post-revolucionarios. Ao contrario, o anarquismo sen adxectivos argumentaba que a abolición da autoridade, non as discusións sobre o futuro, é de vital importancia.
 
Hoxe en día hai moitas (senón máis) divisións sobre como tería que ser a abolición da autoridade, como divisións houbo sobre a cuestión do programa económico para o despois da revolución hai 120 anos. Lxs anarquistas activistas ("organizadorxs") creen que o poder dende abaixo poderá abolir a autoridade. Lxs anarquistas da loita de clases creen que a clase traballadora rematará coa autoridade da sociedade capitalista. Lxs colapsistas cren que as condicións económicas e ambientais inevitablemente conducirán á transformación social e á fin da autoridade.
 
Por outra parte, muchxs anarquistas non pensan creen que a abolición da autoridade sexa de tan vital importancia para lxs anarquistas. Argumentan que a autoridade non se pode entender de xeito simple (é o capitalismo e o Estado e ningún dos dous a este tempo). Que lxs anarquistas non teñen o poder (político, social, persoal ou material) para levar a cabo esta abolición e que a autoridade se transformou en algo moito máis difuso que os reis e monopolistas do século XIX. Se a autoridade pode entenderse mellor, hoxe en día, como un espectáculo, entón, está tan difusa como concentrada. Esta flexibilidade por parte da sociedade do espectáculo resultou en que se entenda o esforzo pola abolición da autoridade (e a práctica de muchxs anarquistas), porque si, como utópico e (espectacularmente) ridículo.
 
Anarquistas de todas as modalidades están de acordo en que os programas revolucionarios do pasado quedaron moi curtos para a liberación total de lxs oprimidxs. Lxs esquerdistas creen que os programas estaban no certo pero que o momento e as condicións foron erróneas. Muchxs otrxs anarquistas creen que o momento dos programas rematou. Estas perspectivas están representadas na historia do anarquismo e son fonte de interminables disputas na creación e encontros de grupos anarquistas.
 
A historia debería usarse para dar contexto a estas perspectivas discrepantes, pero en vez diso, vese como provedora de probas para unha ou outra. En lugar de tratar de comprenderse lxs unxs a lxs otrxs, de comunicar, parecemos aproveitar a nosa falta de éxito para fixar as nosas posicións e discutir por rendementos en diminución.
 
Se a anarquía non ten mapa de ruta, entón nosotrxs (como anarquistas) podemos traballar juntxs. Os nosos proxectos quizais non estean ao mesmo nivel que unha folga xeral ou sequera a paralización de do fluxo do comercio dunha grande área metropolitana, pero poderían ser proxectos anarquistas. Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos pode ser unha na que o contexto das decisións que tomamos juntxs sexa da nosa creación en vez dun imposto. Podería ser unha anarquía de agora, en vez da esperanza dun mañá. Implicaría que lxs que teñen un obxectivo político común (a abolición do Estado e o capitalismo) terían que confiar lxs unxs en lxs otrxs, en vez de nos que non teñen ningún obxectivo ou cuxos obxectivos son contrarios ao anarquista.
 
Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos non ignora a diferenza pero a coloca no contexto que lle corresponde. Cando nos enfrontamos a un momento de tensión extrema, cando todo o que coñecemos parece cambiar, entón escolleremos diferentes bifurcacións no a ruta. Ata que chegue ese momento, lxs anarquistas deberían achegarse lxs unxs a lxs otrxs con esa inxenuidade coa que nos achegamos ao mundo. Se cremos que o mundo pode cambiar e que podería cambiar nunha dirección radical á transitada os últimos varios miles de anos, entón, deberiamos confiar en lxs otrxs que desexa as mesmas cousas.
 
 
 
Aragorn!
 
De Anarquía: Un periódico de deseo armado, nº 63, primavera-verano de 2007
 
Sección: 
Etiquetas: