Diario libertario de lugo e galaxia

Acción pola liberdade de Antúnez Becerra.

11/03/2015
10:57

Esta mañá 9 de marzo,cortouse unha das vías de entrada e saída de Barcelona en solidariedade coa folga de fame e sede de Antúnez Becerra.

Convocouse unha concentración de apoio na ponte da Trinidad, na Meridiana. Na ponte colgouse unha pancarta na que se podía ler: "Antúnez Becerra Liberdade".
Da ponte se descolgaron dúas persoas que quedaron suspendidas da ponte no baleiro, mentres a concentración impedía o paso de vehículos cortando a Meridiana e facíase un chamamento ao apoio e a solidariedade.

Antúnez Becerra leva desde o 23 de Xaneiro en folga de fame (46 días), e desde o 6 de Marzo en folga de sede (3 días).

Tralo bloqueo da vía, un forte dispositivo policial rodeou a zona e os bombeiros procederon a descolgar a lxs compañerxs que permanecían colgados no baleiro en solidariedade con Antúnez Becerra.

Posteriormente a policía procedeu á identificación de lxs compañerxs que se colgaron e non se produciron detencións...

Liberdade para Antúnez Becerra!
Liberdade para os nosos compañeirxs presxs!
Nosa mellor arma a solidariedade!

 

Fonte

Sección: