Diario libertario de lugo e galaxia

15.000 familias foron desafiuzadas durante os seis primeiros meses de 2013

29/01/2014
19:29
O número de desafiuzamentos rexistrados en España no primeiro semestre de 2013 situouse en 19.567, dos que 15.451 foron vivenda habitual e 4.116 supoñían outro tipo de vivenda, segundo os datos feitos públicos onte martes polo Banco de España.
 
Nos primeiros datos publicados pola institución a decembro de 2012, o número total de desafiuzamentos situouse en 23.774, dos que 20.540 foron entregas xudiciais de vivenda baleira e 3.234 corresponderon a vivendas ocupadas.
 
En concreto, entre xaneiro e xuño de 2013 entregáronse xudicialmente un total de 18.256 vivendas baleiras e 1.311 vivendas ocupadas. En 88 casos tiveron que intervir as forzas da orde.
 
Segundo explica o organismo que dirixe Luis María Linde, nos seis primeiros meses de 2013 a porcentaxe de dacións en pagamento sobre o total de vivendas entregadas foi do 32,3%, fronte ao 35,7% do ano anterior.
 
A porcentaxe de vivendas baleiras nas entregas xudiciais no primeiro semestre do ano pasado foi do 93,3%, fronte ao 86,4% dun ano antes. Esta porcentaxe mantense no caso de vivenda habitual (fronte ao 85,1% no exercicio 2012).
 
 
Sección: