Diario libertario de lugo e galaxia

100.000 persoas, abandonaron Galiza desde o inicio da crise

29/01/2014
16:45

O paro rexistrado remata, no ano 2013 en Galiza, con 271.063 persoas apuntadas ao paro no Servizo Público de Emprego (SEPE). Porén, de media, foron 276.000 persoas nesta situación ao longo do ano. O número é máis que alarmante e máis cando se comproba que a finais de 2013 apenas o 57,4% dos parados/as recibían algún tipo de prestación, lonxe do 66% do ano 2010. Os datos recollidos nesta análise, realizada pola responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López Gromaz, son dramáticos e aínda serían peores se non tiveran emigrado miles de mozos e mozas desde que comezou a crise.

En torno aos 100.000 traballadores/as, maioritariamente menores de 35 anos, abandonaron Galiza desde o inicio da crise, e especialmente nestes últimos anos; dato suficientemente avultado para minorar as estatísticas de desemprego.

Tamén a forte dispersión xeográfica leva a moitos galegos e galegas a abandonaren o SEPE, como un medio de colocación, ao non cumprir as expectativas e suporlles un esforzo económico manter este servizo, xa que nalgúns casos os desprazamentos até unha oficina do SEPE son longos.

 

fonte

Sección: